A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, a través do seu portavoz, Xosé Mª Dios Diz, solicita o Xerente da Area de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, Dr. Luis Verdes a creación do Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela.

Segúndo o artigo 25º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia, publicada en DOG o 24 de xullo de 2008: “Participación territorial. Os Consellos de Saúde de Área”. No seu punto 1, fala de que os Consellos de Saúde de Área, son os órganos colexiados de natureza consultiva, a través dos que se articula a participación comunitaria no terreo das áreas sanitarias.

No seu punto 2, dí que estarán integradas por: entidades locais, agrupacións ou federacións de asociacións veciñais con actuación no ámbito sanitario, organizacións empresariais, organizacións sindicais, o director/a de área, @s xerentes dos dispositivos, persoal responsable da área de saúde, representante da consellería de sanidade e asociacións de pacientes.

Consideramos que a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, debe estar representada no Consello de Saúde de Área de Compostela.

A Consellería de Sanidade, é a que ten que tomar a iniciativa de nomear @s membros (elexidos a proposta de cada unha das asociacións que o compoñen) dos Consellos de Saúde de Área, por un período de 4 anos máximo.

As funcións dos Consellos de Saúde de Area, son: propor medidas de carácter sanitario que eleven o nivel de saúde da poboación, emitir informes sobre o Plan de Saúde da area sanitaria, coñecer a memoria anual da area sanitaria, coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvencións feitos na área, propor medidas para mellorar a xestión da área.

Tamén fala a Lei, de que exista unha composición paritaria nos Consellos de Saúde de Área.

O Decreto 168/2010, de 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, recolle:

Artigo 5º. Funcións e competencias da Xerencia de Xestión Integrada.

Punto m) Potenciar a participación social e dos cidadáns, mellorando os canles de información, propoñendo accións de formación aos cidadáns para a toma de decisións e potenciando a xestión eficaz e o funcionamento da Comisión de Participación Cidadán. 

Estas foron as últimas declaraciónsn do Dr. Luis Verdes: 

-¿Se contempla la participación de pacientes? 

-Colaboramos con varias asociaciones de pacientes en cuestiones que piden para sus necesidades asistenciales. Nos interesa saber cómo podemos ayudarles. Este año hay actuaciones concretas, como cursos de formación para pacientes y cuidadores, y ofreceremos que participen asociaciones de pacientes en comisiones de trabajo de asuntos asistenciales. Tenemos además intención de proporcionarles algún espacio físico, y en nuestra web. Nos vamos a esforzar en acercarnos a las asociaciones de pacientes.

Tendo en conta todas estas consideracións, solicitamos dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, a constitución do Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela. 

Esperando a súa pronta resposta, despídese de vostede: 

 

Asdo: José Mª Dios Diz. (Correo de contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

 

Santiago, 21 de abril do 2015