SOS SANIDADE PÚBLICA INFORMA SOBRE A DERIVACIÓN DE PACIENTES Á SANIDADE PRIVADA. UN PASO MAIS NA PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA.
Información e pasos a seguir pol@s doentes.
En xaneiro de 2014 o goberno do PP publica a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de Garantías de Prestacións Sanitarias. Que pretende con esta lei? Dende SOS, queremos explicar a toda a cidadanía que a única beneficiada desta lei, vai ser a sanidade privada.
Qué pretende regular esta Lei de Garantías? Os tempos máximos, nos que os usuarios da Sanidade Pública serán atendidos? Pero onde serán atendidos: na Sanidade Pública ou na privada?. Estes son os prazos que recolle a Lei, cando os mellores datos que está a publicar a Consellaría de Sanidade son máis de 85 días para intervención cirúrxica:
60 días para intervencións cirúrxicas.
45 días para consultas externas.
45 días para probas diagnósticas e/ou terapéuticas.
Qué consecuencias vai ter esta Lei para a poboación?
Que a sanidade privada, financiada con diñeiro público, estará no mesmo plano que a Sanidade Pública.
No artigo 4. Beneficiarios:
Trasponse nesta Lei o artigo 3 da Lei 16/2012, do 20 de abril (decreto de recortes e de copagos na sanidade). Este R-D consolida a perda do carácter universal do sistema sanitario público. Retira da prestación sanitaria ao persoal que non estea de alta na S.S. Anula o R-D 1682/1987 que afianzaba a universalidade da prestación sanitaria pola “acción protectora da S.S, pola acción tardía da incorporación ao mundo laboral, e pola incidencia da crise económica. Criterios de plena actualidade.
Artigo 5.- Fixación dos tempos máximos de acceso:
Desde o ano 2010 a taxa de reposición das/os traballadoras/es que se xubilan no SERGAS é do 10%. E dicir, de cada 10 vacantes que se producen só se cubre 1 praza. Coa falta de profesionais, a Consellaría de Sanidade será incapaz de cumprir, na Sanidade Pública, os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas. Este obxectivo está dirixido a dar unha maior participación á sanidade privada; privatizan a sanidade pola vía indirecta.
Os tempos máximos de espera deixa fóra destas prioridades os problemas de saúde que o doente ten na actualidade e só se refiren aos novos problemas de saúde.
Artigo 9.- Perda da garantía:
Coa redacción destes artigos, obrígase á persoa doente, a ser atendida na sanidade privada, privándolle do dereito a ser atendidos nun centro do Sistema Sanitario Público.
Se as/os doentes renuncian a seren atendidos/as nun centro privado da súa área sanitaria, ou de outra área sanitaria, perdería o dereito a que se lles aplicasen os tempos máximos de espera.
Cómo se pode penalizar a un doente, e non aplicarlle os criterios de gravidade, efectividade e oportunidade da atención sanitaria, por exercer o seu dereito a ser atendido no sistema Sanitario Público?
Qué vai pasar cos doentes que rexeiten a opción de seren atendidos nun centro sanitario privado? Estas/es ficarán excluídos/as do rexistro de tempos máximos, e pasarán a unha listaxes non estrutural na que ningúen se acordará deles?
POR QUÉ DENDE A PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA REXEITAMOS ESTA LEI?
Porque a Sanidade Pública é a única que garante que todas e todos recibamos a mesma asistencia sanitaria cando estamos enfermas/os.
Porque a Consellaría de Sanidade está a desmantelar a Sanidade Pública. Os datos que ofrece a propia consellaría, na Sanidade Pública, establece máis de 85 días para unha intervención cirúrxica.
Porque na Sanidade Pública debe primar o principio de calidade, universalidade, gratuidade e equidade, e non o do beneficio empresarial.
Porque non podemos consentir que destrúan a Sanidade Pública, encarecendo o custo sanitario, perdendo calidade, co único obxectivo de que as empresas privadas se lucren con cartos públicos.
Porque non é unha boa xestión do diñeiro público, derivar pacientes á sanidade privada, mentres nos hospitais públicos hai camas pechadas, quirófanos inutilizados, servizos de radioloxía pechados polas tardes...
Porque as complicacións que poidan xurdir, serán atendidas na Sanidade Pública, e será ésta, a que reparará as desfeitas.
Porque establece unha sanidade para ricos e outro para pobres. As persoas que dispoñan do diñeiro suficiente, poderán ser atendidos na sanidade privada, adiantando os cartos e o SERGAS, devolverallos, ao presentaren a factura.
Porque aos doentes crónicos e pluripatolóxicos, non lle van a aplicar estes tempos de asistencia. A sanidade privada rexeita a estas/os doentes, non son rendibles economicamente e o seu tempo de espera non conta.
En conclusión, porque a sanidade é un dereito universal non un negocio a repartir entre as/os amigas/os.
QUÉ PROPOÑEMOS FACER DENDE SOS, CANDO CHE OFERTEN REALIZAR UNHA PROBA COMPLEMENTARIA, OU UNHA INTERVENCIÓN CIRÚRXICA NA SANIDADE PRIVADA
-
Solicitar ser atendidos na Sanidade Pública. Mediante escrito dirixido a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (XXIS) (Anexo 1 para a Solicitude de Consulta Médica).
-
Exixir que se nos den as citas para as exploracións radiolóxicas e outras probas diagnósticas, non que se nos deixe no limbo, pendente de aviso. Si no nos dan cita, a solicitaremos por escrito a XXIS (Anexo 2: para solicitar Probas Diagnósticas).
-
Exixir mediante escrito dirixido a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, que se nos incorpore a lista de Intervencións Cirúrxicas: Anexo 3.
-
Que os servizos sanitarios funcionen ininterrompidamente en quenda de maña e tarde.
-
Que non se continúe a suprimir postos de traballo na Sanidade Pública. Que os cadros de persoal se adapten ás necesidades sanitarias da poboación.
-
Que non se pechen as camas na Sanidade Pública.
-
Que non esten infrautilizados os quirófanos.
-
Porque a Sanidade Pública e servizo e a privada beneficio.
-
Cada persoa deberá enviar á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, un escrito, mediante rexistro de entradan (no primeiro piso do CHUS), cada vez que reciba unha denegación de ser atendido na Sanidade Pública. A PLATAFORMA SOS Sanidade Pública de Compostela, facilitará os modelos de reclamación.
-
“QUEREMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL, GRATUITA E DE CALIDADE”, ALGO QUE O PP ESTÁ A DESMANTELAR.