Comarcas
Descarga
- Logo SOS
- Banner
- Modelo de cartaz manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño (duplo)
- Cartaz Manifesto ILP
- Logo ILP 1
- Logo ILP 2
- Logo ILP 3
Plataformas Sanidade
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos
* Plataforma contra a privatización de Pontevedra
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago
* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza
* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)
Procurar
SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación a participar na manifestación de hoxe en Vigo
Xoves, 03 Setembro 2015 09:12
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere mostrar o seu apoio e solidariedade á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, aos colectivos que a integran, ás entidades da área afectadas e á Xunta de Persoal e sumar a súa convocatoria de manifestación de hoxe dia 3 de setembro ás 8 da tarde en defensa de carácter público do Novo Hospital afectado polos recortes e a deficiencias do modelo de financiamento privado.
Consideramos inaceptable que se pretenda poñer en funcionamento un centro con graves deterioros e deficiencias nas súas infraestructuras que poñen en risco a seguridade dos pacientes e obrigaron á súa paralización; que sufriu importantes recortes en camas, quirófanos, urxencias, laboratorio, servizos de radioloxía, dotación e equipamiento dotación, para favorecer a unha concesionaria privada que pretende facer negocio cobrando copagos por aparcar ou dar de beber aos pacientes ingresados.
Esta grave situación mostra os problemas asociados á privatización dos servizos sanitarios e a necesidade do seu rexeitamento por toda a Cidadanía, por encima de diferenzas políticas ou ideolóxicas.
MANIFESTACIÓN 3 DE SETEMBRO
HOSPITAL XERAL, 20 H
SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE!
SOS Sanidade Pública da Coruña apoia a manifestación de Vigo
Xoves, 03 Setembro 2015 09:16
SOS SANIDADE PÚBLICA A CORUÑA apoia a manifestación de Vigo convocada pola Xunta de Persoal para o mércores 3 de setembro
.
Todo o que rodea a este novo hospital é escandaloso: licitación, concesión, financiamento, prazos de construción, entrega da obra, incluso a externalización da oficina técnica de control da obra a unha empresa privada chamada Efficientia Clinical Management, constituída ad hoc para a realización deste traballo e dirixida por Ana Sánchez, colaboradora da ministra Ana Pastor e experta privatizadora da sanidade madrileña.
O resultado agora é:
1. Un hospital sen laboratorio. Suprimiuse o proxectado laboratorio, para favorecer ao novo Laboratorio Central de Galicia, cedido á empresa Suiza UNILABS pola Xunta do PP (curiosamente á mesma multinacional que xestiona o laboratorio central madrileño).
2. Redución de servizos: Introducíronse importantes recortes no proxecto inicial (para abaratar gastos á Concesionaria Privada), reducindo o equipamento, as camas de hospitalización convencional nun 31,8%, os quirófanos nun 31,4%, o Servizo de Urxencias nun 55,5% e as salas de Radioloxía nun 45,7%, ademais do empeoramento na calidade dos materiais de construción e a perda da eficiencia enerxética (o que multiplicará os gastos de calefacción e aire acondicionado). Así o Hospital de Vigo deixou de ser Centro de Referencia en Servizos de Alta Tecnoloxía e Especialización para 300.000 persoas de Pontevedra, que pasaron a depender do Complexo Hospitalario de Santiago.
3. Múltiples deficiencias nas instalacións: Filtracións de auga, baixa calidade dos materiais, presenza de ratos,...
4. Caótico traslado do persoal do hospital xeral ao novo hospital
5. Contaminación microbiolóxica na zona de quirófanos que provocou a paralización dos traslados ao hospital
6. Aparcadoiro de pago: A cesión da xestión do aparcamento á UTE, ademais dunha importante perda económica para a sanidade pública galega, suporá que os enfermos e familiares usuarios do novo hospital queden afectados por un novo copago (pago por aparcar de case dous euros á hora) dada a inexistencia de espazos alternativos, a gran distancia do Centro e cos problemas para que o transporte público chegue a toda a área sanitaria.
7. ...
Isto é unha 'rapiña', unha entrega planificada de recursos públicos a empresas privadas. Feijoo anulou o proxecto de hospital público de Vigo deseñado polo goberno anterior para seguir os plans dos gobernos do PP, sobre todo o madrileño, de privatizar a sanidade. Todo a costa dos recursos sanitarios públicos, a costa da saúde da cidadanía de Vigo, a costa da saúde de todos os galegos, xa que toda a poboación galega vai ter que cargar cos gastos desproporcionados do novo hospital de Vigo.
É preciso parar esta desfeita da sanidade pública deseñada e executada por Feijoo e o Partido Popular.
Queremos facer chegar ao pobo de Vigo a solidariedade daquelas persoas e organizacións que na Coruña loitamos pola defensa e mellora da Sanidade Pública.
SOS Sanidade Pública sumarase á convocatoria da Xunta de Persoal da Xerencia de A Coruña de realizar unha concentración o 3 de setembro ás 11 horas na rotonda do Hospital de A Coruña.
Manifestación en Vigo o 3 de setembro contra a privatización da Sanidade Pública
Xoves, 13 Agosto 2015 09:53
Os recortes matan. Non ao negocio coa saúde. Participa hoxe nas mobilizacións convocadas por SOS-Sanidade Pública
Xoves, 19 Marzo 2015 09:55
Coa chegada do Sr Feijóo á Xunta, o Partido Popular iniciou unha campaña de recortes, desmantelamento e privatizacións da Sanidade Pública, pretendendo que a sanidade sexa un privilexio, accesible a quen o poida costear a través dos repagos que tratan de impor. Ou acudindo á sanidade privada, adiantando os cartos que despois o SERGAS reintegrará.
A Sanidade é unha necesidade, é un dereito. Ante a enfermidade, precisamos duns servizos sanitarios que nos axuden a mellorar, a sobrelevar a debilidade que nos produce, a sandar. E estes servizos sanitarios deben atendernos a todos e todas por igual, sen discriminacións nin desigualdades. A igualdade só se garante cunha Sanidade Pública.
Durante os últimos anos, o goberno da Xunta impulsou todo tipo de medidas que afondan no desmantelamento da Sanidade Pública:
• Están a provocar a descapitalización da Sanidade Pública: o recorte do orzamento sanitario en Galicia entre 2009 e 2014 foi do 12,3%, o que supuxo unha perda total de 460 millóns de euros; eliminaron 2.094 postos de traballadores sanitarios e pecharon 275 camas hospitalarias. Mentres, o 48,8% do orzamento sanitario foi parar ao sector privado, e só o 7,1% foi para investimentos e funcionamento dos centros públicos.
• Os actuais gobernantes facilitan que a sanidade pública financie a investigación da industria tecnolóxica privada e dos laboratorios das multinacionais, e permiten que sexan estas as que decidan os aparellos a adquirir polo sistema público. A través dos Institutos Biomédicos de Investigación do SERGAS (Instituto Biomédico de Vigo e Instituto Biomédico de Santiago) a Banca e a Industria Sanitaria privada controlarán a investigación e a docencia e dificultarán calquera investigación que non estea de acordo cos seus intereses empresariais. Seguirán encarecendo o prezo dos medicamentos, dificultando ao acceso universal aos mesmos
• A Atención Primaria sufriu un recorte de 190,9 millóns de euros (se incluímos o gasto farmacéutico extrahospitalario), e de 33 millóns (sen a farmacia). Están a desmantelar as Áreas Sanitarias para crear unha Área Única que abranga todo o territorio galego coa finalidade de crear un mercado sanitario no que poderá participar o sector privado. O desmantelamento das Áreas está sendo utilizado ademais para recortar os hospitais comarcais no Barbanza, Monforte, Barco de Valdeorras, A Costa e Salnés. O mesmo ocorre cos centros de Saúde Mental, Planificación Familiar, Prevención e Atención á Drogodependencia, Asociacións de Pacientes e ONGs.
• Implantación de copagamento nas prestacións sanitarias. Incrementando o sufrimento das persoas que non teñen recursos económicos para facerlles fronte, creando un imposto sobre a enfermidade. Fronte a esta situación a comisión de sabios do PP recomenda nun recente informe incrementar os repagos co argumento de que “a prestación gratuíta e xeneralizada dos servizos sanitarios non é o modo máis eficiente e xusto de actuar”. De que xustiza nos están a falar?
• Peche de camas, recortes orzamentarios, taxas de reposición. Isto é o que impera na Sanidade Pública. Menos camas para ingresar os/as doentes, colapso dos servizos de urxencias. Condénase a/o doente a entrar nunha porta xiratoria entre o seu domicilio e o servizo de urxencias. Recórtase o diñeiro destinado á Sanidade Pública, destrúense postos de traballo, reducindo a presenza dos/as profesionais que fai inviable unha prestación de calidade.
E logo inda nos veñen con contos propagandísticos cando falan das listas de espera. As listas de espera son grandes e medran día a día, por causa dese peche de camas, pola mala xestión que se está a facer e tamén porque pensan que nos enganan mantendo persoas en listas de espera ocultas. As listas de espera experimentaron un incremento substancial de forma que en catro anos a espera cirúrxica media pasou de 71 a 83 días.
A Lei de Garantías é a expresión do fracaso das políticas sanitarias do PP. Intégrase nun mesmo nivel e nun mesmo sistema a Sanidade Pública e privada. Di o Sr. Feijóo que a prestación sanitaria recibida nun centro privado tamén é pública, xa que as/os doentes non pagan a maiores por esta asistencia. De futuro isto vai dificultar o desenvolvemento dos principios que deben presidir o sistema sanitario público.
A Sanidade Pública é patrimonio universal da cidadanía, por isto non imos consentir que a privaticen, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas e ao mellor postor. Esa é a folla de ruta que teñen marcada para os servizos públicos, esa é a súa meta: eliminar a Sanidade Pública para poder facer negocio coa enfermidade das persoas. Pero a sociedade galega seguiremos a mobilizarnos até recuperar unha sanidade pública universal e de calidade.
Non imos consentir que fagan negocio coa nosa saúde. A Sanidade Pública finánciase cos nosos impostos, e a obriga dos gobernantes é devolvernos os nosos cartos mediante os servizos públicos. Non teñen ningún dereito a privatizar a sanidade pública, nin a facer negocio coa nosa saúde, o goberno do PP só é un xestor provisional dos servizos públicos.
Manifestacions Plataformas Defensa da Sanidade Pública
Plataforma da Mariña: 20 horas diante do Hospital da Costa
Plataforma de Santiago: Praza do Toral ás 20 horas
Plataforma do Barbanza: Praza do Concello de Ribeira as 20 horas
Plataforma de Pontevedra: Hospital Provincial as 20 horas
Plataforma de A Coruña: Centro de Saude Casa do Mar (Avda. del Ejército 2 A)
Plataforme de Ourense: Ás 11 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lazaro)
Plataforma de Ferrol: As 19 horas na Praza de Armas
Plataforma de O Barco: Entrada Hospital Comarcal Valdeorras as 20 horas
Plataforma de Vigo: Praza de España (Cabalos) as 20 horas
Plataforma de Cangas: Concello de Cangas as 20 horas
Plataforma de Moaña: As 18 horas Centro de Sude de Moaña
Mobilizacións 19 de marzo. Non ao negocio coa saúde. Os recortes matan!
Luns, 09 Marzo 2015 12:53
O vindeiro xoves 19 de marzo SOS-Sanidade Pública convoca mobilizacións en todas as áreas contra os recortes e as políticas de desmantelamento e privatización da Sanidade Pública.
Actos confirmados:
BURELA. Hospital da Costa. 20:30h.
OURENSE. Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), 11h.
O BARCO. Hospital Comarcal Valdeorras. 20h.
PONTEVEDRA. Hospital Provincial 20h.
A CORUÑA. Casa do Mar. 20h.
BARBANZA. Ribeira, Praza do Concello, 20h.
SANTIAGO. Praza do Toural, 20h.
FERROL. Praza de Armas, 19h.
CANGAS. Concello de Cangas, 20h.
MOAÑA. Centro de Saúde, 18h.
VIGO. Praza de España, 20h.
Acto informativo Rianxo
Luns, 09 Marzo 2015 12:50
Máis artigos...