Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Burela Concerto Popular en Defensa da Sanidade Pública

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

"CONCERTO POPULAR EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA"
A Asociación Cultural Xebra e o Colectivo Cultural Buril organizan o primeiro Concerto en Defensa da Sanidade Pública da Mariña,
concerto no cal tamén colabora a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.


CONCERTONOS

O concerto xorde da proposta e iniciativa de mozos e mozas de diversos puntos da comarca comprometidos cunha sanidade pública, universal, gratuíta e de proximidade, concerto popular, que ten por obxecto reivindicar dende a xuventude, en positivo e dende a música, a sanidade como servizo público despois dos recortes realizados polo goberno central, o goberno de Feijóo e agora por unha Xerencia Integrada Provincial con centro de decisión en Lugo que nos rouba profesionais da saúde, prestacións sanitarias, infraestruturas e afasta a sanidade da cidadanía en beneficio da medicina privada.
É por iso que agradecemos a vosa presenza e a vosa colaboración en apoio da sanidade pública e tamén en apoio a unha xuventude que comparte a mobilización social como ferramenta fundamental para frear as actuais políticas neoliberais encamiñadas a desmantelar o sistema público de saúde, unha mocidade que tamén pensa que a música é unha ferramenta potente para facer visible a problemática actual, o estado da sanidade pública na Mariña, e sensibilizar e concienciar a poboación sobre un asunto como a saúde, un dos piares do estado de benestar.

A mocidade e a música da man en Defensa da Sanidade Pública na Mariña.
Vémonos o 21!"


Evento no facebook.