Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Plataforma en Defensa na Sanidade Pública da Mariña: “A Xerencia de Atención Integrada de Lugo boicotea a mellora de servizos no Hospital da Costa”

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Ao contrario do anunciado por dirixentes do SERGAS e do PP coa aprobación do Decreto de Xestión Integrada con dirección en Lugo, a atención sanitaria segue distanciándose dos doentes da comarca e perdendo calidade.

.

Nestes días numerosos doentes da Mariña están sendo citados en Lugo para a realización de probas diagnósticas indispensábeis para a detección do cancro de colon, unhas probas endoscópicas e colonoscópicas que ate agora se realizaban na Mariña e que por mor do colapso existente no servizo e o boicot da xerencia provincial para a ampliación de persoal facultativo volve obrigar a doentes da comarca a desprazarse a Lugo xunto cos seus acompañantes provocando gastos e molestias innecesarias das que son responsábeis directos o SERGAS e un xerente provincial decidido a converter Burela nunha sucursal do HULA.

.

ENDOSCOPIAS

Os doentes da comarca, obrigados a desprazarse a Lugo para facer endoscopias que antes se facían na comarca
A Plataforma desvelou que lle consta que nas últimas datas diversos especialistas en dixestivo foron entrevistados no Hospital da Costa para ampliar o horario do servizo e abrir unha segunda sala endoscópica diante do colapso e a enorme demanda existente para estas probas fundamentais para a detección do cancro de colon. De xeito inesperado, cando todo parecía indicar unha mellora no servizo para desatascar as listas de agarda, o proxecto quedou aparcado iniciando a citación de doentes para ser atendidos polas tardes en Lugo. Dende a Plataforma poñen en cuestión estas decisións que son un exemplo mais de que o modelo de xestión integrada con dirección en Lugo ademais de afastar o servizo sanitario da comarca, degrádao e forza o desprazamento da cidadanía mariñá a Lugo para recibir asistencia sanitaria que antes se prestaba aquí.

.

O SERGAS e o Xerente Provincial queren converter o Hospital da Costa nunha simple sucursal do HULA
Dende a Plataforma aclaran que estes servizos sempre se prestaron na comarca polo que a solución ao exceso na demanda non pode ser o préstamo puntual dalgún facultativo do HULA e moito menos o traslado de doentes a 100 kms. da comarca, senón ampliando o persoal e o servizo na comarca. Denuncian que esta solución fai á Xerencia de Atención Integrada con dirección en Lugo responsábel do boicot á mellora de servizos no Hospital da Costa, impedindo a contratación do persoal facultativo necesario para cubrir a demanda, afastando a atención sanitaria dos doentes e convertendo ao Hospital da Costa nunha sucursal do HULA que como moito presta por horas ao seu persoal facultativo. A Plataforma engadiu que a infrautilización dos servizos do Hospital da Costa repercute nuns resultados de xestión menos eficiente e por tanto tende a xustificar novos recortes e derivacións cara outros centros sanitarios fora da comarca. Para a Plataforma as responsabilidades deste novo recorte están no SERGAS que aplica recortes masivos, no xerente provincial que planifica a asistencia sanitaria de toda a provincia e ten prioridades innegábeis no HULA e un xerente executivo do Hospital da Costa incapaz para decidir nada mais alá do que lle ordenen.

.

Gastos e trastornos para os doentes e acompañantes obrigados a desprazarse a Lugo
Explican que as probas diagnósticas, especialmente a colonoscopia, ten efectos secundarios posteriores que non permiten ao doente saír polos seus propios medios do centro sanitario polo que é obrigada a presenza de acompañantes. Para a Plataforma a citación de doentes para estas probas en Lugo non só supón unha rebaixa na calidade asistencial na nosa comarca, tamén un trastorno para os doentes e as súas familias aos que obrigan a desprazarse causando gastos e trastornos innecesarios.