Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Ribeira: Debate sobre a Lei de Garantías

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

HAI DEBATE: Lei de Garantías Sanitarias

No Parlamento Galego estase a debatir a nova Lei de Garantías Sanitarias. Esta lei pretende principalmente que a atención sanitaria hospitalaria programada sexa dispensada de acordo con unhas demoras máximas nos tempos de resposta, e decir, que para intervencións cirúrxicas, consultas con especialista ou probas diagnósticas, haberá un tempo máximo de espera.

¿¿¿Que persoa cun problema de saúde non quixera esto???

Non hai dúbida de que o problema das listas de espera é un dos grandes retos de calquer sistema de saúde xa que a existencia das mesmas significa a perda da efectividade do dereito a protección da saúde. E os recortes non están a axudar, como ben se está a demostrar co aumento nas listas de espera cirúrxica.

Pero ollo, esta lei lonxe de buscar a solución dentro do sistema de saúde público cun mellor aproveitamento  dos recursos como por exemplo a apertura dos quirófanos de tarde, impón unhos tempos de espera inasumibles no actual sistema como excusa para derivar aos doentes a sanidade privada, derivando cartos á privada que poderían ser invertidos en mellorar este tempos na pública.

O debate desta nova lei está no Parlamento Galego, pero dende a Plataforma queremos achegar o mesmo a cidadanía. Por elo, convidamos a todos os grupos parlamentarios a unha mesa redonda que terá lugar este Xoves 28 de Novembro de 2013 no Centro Cultural Manuel Lustres Rivas as 20:30h.

Intervirán:
  • AGE, Eva Solla Fernández
  • BNG, Montserrat Prado Cores
  • PSdG-PSOE, Carmen Acuña Do Campo
  • PP, non poden asistir por problemas de axenda
Moderará:
  • Manuel Martín, portavoz SOS Sandiade Pública

Esperamosvos alí.