Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



A Mariña: A Xerencia de Atención Integrada deriva a Lugo persoal facultativo de Burela para reforzar servizos do HULA

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

A PLATAFORMA DENUNCIA QUE A XERENCIA DE ATENCIÓN INTEGRADA DERIVA A LUGO PERSOAL FACULTATIVO DE BURELA PARA REFORZAR SERVIZOS NO HULA

.

A ASISTENCIA SANITARIA NA MARIÑA PERDE CALIDADE E SERVIZOS QUE ABSORVE O HULA, COA APLICACIÓN DUN DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA, RECENTRALIZADOR E QUE AFASTA DO DOENTE OS SERVIZOS SANITARIOS.

 

A Mariña, 29 de novembro de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou o traslado de persoal facultativo dende o Hospital da Costa, tamén dende o de Monforte, para reforzo de servizos no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Unha vez mais vemos como os recortes masivos aplicados pola Consellaría de Sanidade en sanidade pública, sumado á aplicación do Decreto de Xestión Integrada, teñen como consecuencia o desmantelamento de servizos sanitarios, o afastamento da atención sanitaria da xente, e o desmantelamento progresivo do Hospital da Costa e os centros de saúde da comarca.

 

Traslado de persoal sanitario da comarca ao HULA para reforzo de servizos

A partir do 10 de decembro persoal sanitario do Hospital da Costa – cando menos unha especialista e unha enfermeira de prevención de riscos laborais – terán que ir reforzar, varias veces por semana, este servizo no HULA, sumándose tamén a este traslado forzoso persoal do Hospital de Monforte. Ademais a área de contabilidade do Hospital da Costa deixará de existir a partir do 1 de xaneiro, perdéndose cando menos seis postos de traballo no centro mariñao que nalgún caso, ao igual que cos servizos de prevención, serán derivados a Lugo.

 

Estas e outras evidencias, son probas de que o Decreto de Xestión Integrada non so elimina a autonomía de xestión sanitaria do Hospital da Costa, tamén camiña cara o seu desmantelamento e defunción.

Para a plataforma, ao propio decreto hai que engadir un xerente executivo de Burela sen  competencias e un Xerente de Atención Integrada de Lugo, á súa vez é xerente do HULA, decidido a recoller o premio da degradación e da sanidade comarcal a favor da provincial. Para isto non ten ningún reparo en ordenar traslados forzosos de doentes e persoal sanitario da comarca como está a suceder con persoas afectadas por diferentes patoloxías, xa sexa para probas diagnósticas ou intervencións.

Os dirixentes políticos do PP na comarca, cómplices necesarios no desmantelamento da sanidade pública na comarca.

A Plataforma unha vez mais volve denunciar as mentiras da Consellaría de Sanidade, dos alcaldes e dirixentes políticos do Partido Popular na Mariña,  que foron cómplices necesarios para aprobar un Decreto de Xestión Integrada que afasta os servizos sanitarios da poboación e vai camiño de converter o Hospital da Costa nunha pequena sucursal do HULA, xusto o contrario do que toda esta xente afirmaba antes da súa aplicación.

 

A Plataforma apoia a folga do persoal sanitario do 9 e 10 de decembro e participará na mobilización prevista o día 10 en Burela.

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, sumarase á mobilización convocada por sindicatos sanitarios o próximo 10 de decembro en Burela e apoia a folga convocada polos sindicatos do sector para os próximos 9 e 10 de decembro.

A Plataforma fai súas as reivindicacións dos sindicatos sanitarios contra as políticas de desmantelamento e privatización da sanidade pública e fan un chamamento á sociedade mariñá a participar e apoiar a manifestación que sairá do Hospital da Costa ás 20:30 do día 10.