Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Povisa e a Sanidade Pública

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

 Ante Instrución 7/14 da Consellería de Sanidade, sobre a regulación do prazo e procedemento mediante o que os beneficiarios da Seguridade Social asignados ,a area de POVISA, poidan elixir libremente ao provisor de asistencia sanitaria especializada. queremos  manifestar:

 - O goberno da Xunta coa firma dun novo concerto singular con Povisa por un período de 10 anos, dun xeito obscuro e antidemocrático, cando plantexan a apertura do Novo Hospital de Vigo para o próximo ano, acaba de  condenar aos usuarios do Morrazo, Val Miñor e Coia, novamente a estar encadeados a un hospital privado con menos recursos e carteira de servizos, dos que ten calquer hospital da rede pública sanitaria.

 - Este goberno da Xunta,  segue potenciando o centro privado Povisa en contra dos cidadáns,  no soo coa decisión política de reducir o proxecto orixinal do Novo Hospital de Vigo para  manter a POVISA como hospital Xeral, senón incrementando o importe da asistencia,  hospital  que de cotío e cara a negociación do convenio Singular utiliza os usuarios de referencia e os traballadores como moeda de chantaxe par a negociación do convenio e que por un período de 10 anos mais van a sufrir estas consecuencias.

  - Unha vez máis a prepotencia do Partido Popular encabezada pola Conselleira de Sanidade, non amosa ningún respecto os cidadáns e anuncian a firma do concerto sen información aos representantes políticos, sindicais e ás agrupacións de participación dos cidadáns co fin de que Povisa reciba 75 millóns de euros ó ano dos fondos públicos o que descapitaliza a Sanidade Pública, dos que unha parte pasarán ás contas dos accionistas como beneficio empresarial.

- Cando o Sergas afirma que este concerto histórico “blinda unha asistencia de calidade en Povisa” non aclara se os 120.000 usuarios van a seguir padecendo como ata agora as listas de espera, de consultas, diagnostico e quirúrxicas, máis longas de toda Galicia (200 dias na lista quirúxica fronte a 83 dias na Comunidade Autónoma) . Si van ter o resto de servizos dos que dispoñen os usuarios dos hopitais públicos, incluído os coidados paliativos.

 A Plataformas pola Defensa da Sanidade Pública de Cangas, Moña, ValMiñor  e Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública   solicitamos:

  1.  Da Consellería de Sanidade que se facilite aos usuarios de  Povisa, información detallada das novas condicións de asistencia sanitaria, mediante a entrega aos mesmos do texto íntegro do convenio, directamente nos Centros de Saúde, e a traveso do Concello, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais.
  2.  A ampliación do prazo de solicitude de cambio aos Hospitais Públicos, establecido na instrución 7/2014 de 1-9-14, ata o 30 de decembro de 2014.

 Como defensores da Sanidade Pública, recomendamos  o paso masivo a un hospital público, que incialmente será o Xeral e o Meixoeiro,  antes de centralizar a asistencia no Novo Hospital de Vigo.

 ¿Por qué ? Porque  o NHV, vai ser un hospital novo,  conta con mais medios tecnolóxicos, mais persoal, tódalas especialidades, salvo as de referencias dadas a Povisa (Queimados e MaxiloFacial, C. da Man).

A SAUDE NON PODE SER UN NEGOCIO É UN DEREITO REFLECTIDO NA CONSTIUTUCIÓN