Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Acordos acadados na reunión ampla en defensa da Sanidade Pública

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

ACORDOS:

 

Reunidos no salón de actos do Hospital Xeral de Vigo, en convocatoria da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, representantes das Xuntas de Persoal do conxunto das áreas sanitarias, representantes de Concellos, Grupos Parlamentares, asociacións de doentes, asociacións veciñais, asociacións de comerciantes, sindicatos e partidos políticos

 

ACORDAMOS:

-Agradecer e apoiar ás traballadoras e traballadores do Novo Hospital de Vigo e á Xunta de Persoal a súa implicación na defensa dun hospital público e sen recortes.

-Rexeitar a privatización do NHV.

-Esixir o cese da Conselleira de Sanidade polos recortes e o desastre da xestión do proxecto do NHV.

-Potenciar e ampliar a alianza contra a privatización da maior parte das organizacións sociais do país, porque o NHV non responde aos problemas e necesidades da área: listas de espera, conxestión de urxencias e déficit de recursos avanzados.

-Esixir abrir unha investigación sobre as deficiencias do NHV para poder articular un Plan para solucionalas, para o que sería necesario constituír unha Comisión Técnica Plural con profesionais, cidadáns, técnicos e administracións.

-Esixir á actual administración que denuncie o contrato e recupere a Concesión para a xestión pública por que vulnera a lexislación europea de CPP e a Lei de Contratos do Estado. Reclamamos utilizar o canon anual para acometer as reparacións necesarias.

-Esixir que se planifique a reversión do concerto con Povisa e que a Sanidade pública preste servizo ao conxunto da cidadanía, asignando a Povisa o papel recollido no Acordo pola Sanidade do ano 2006.

-Esixir que as instalacións dos anexos do H. Xeral manteñan o seu uso sanitario, incorporando un centro de Alta resolución, e a torre de hospitalización teña uso sociosanitario.

-Reclamar transporte público especifico ao NHV para o conxunto de Concellos da Área Sanitaria.

-Esixir a gratuidade do parking e de todos os servizos sanitarios e non sanitarios.

-Solicitar o apoio ás mobilizacións en defensa da sanidade pública de todas as institucións representativas do conxunto da poboación (Concellos, Deputacións, Grupos Parlamentarios).

-Comprometernos a manter no tempo e estender a mobilización ao resto das áreas sanitarias en defensa da sanidade pública.