Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Día 13 de outubro: xornada de loita por unha Sanidade Pública 100% - Folga en Vigo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

folga13outubro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O vindeiro 13 de outubro está convocada pola Xunta de Persoal da Área de Vigo unha folga de 24 h para reclamar a solución a todas as deficiencias atopadas no Novo Hospital de Vigo e a súa reversión ao público. Ese mesmo día, haberá pola mañá, ás 12h unha concentración, e pola tarde unha manifestación que sairá ás 18h desde as consultas do Hospital Álvaro Cunqueiro.

 

Asemade, nos centros hospitalarios das distintas áreas de saúde, haberá mobilizacións de apoio.

 

Desde SOS-Sanidade Pública queremos facer chegar a toda a  poboación o convite a participar destas mobilizacións. A Sanidade Pública está a pasar por un momento de emerxencia, e o que está pasando no Hospital Álvaro Cunqueiro non é máis que unha mostra do que nos espera se non freamos isto agora. O que está a suceder é a proba máis evidente do fracaso da política privatizadora, de recortes e de incapacidade para a xestión do Goberno de Núñez Feijoo, principal responsable da situación. Exiximos un cambio de estratexia sanitaria e non só de persoas.

 

Por este motivo, apoiamos a Folga na sanidade de Vigo convocada para o dia 13 de outubro pola Xunta de Persoal da Área contra a privatización do novo hospital; os recortes de recursos, materiais e equipamento; e o caótico proceso de traslado do centro, que esta xerando gravísimos problemas no acceso e a atención dos pacientes.

 

PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS.

 

PAREMOS ESTA DESFEITA.

 

SANIDADE PÚBLICA 100%!