Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



A Plataforma de Ourense ante a folga do día 13 nos hospitais de Vigo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

NOTA DE PRENSA: A PLATAFORMA DE OURENSE ANTE A FOLGA DO DÍA 13 NOS HOSPITAIS DE VIGO

LOGO2 SOS.jpg OurenseA Plataforma Sanitaria pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, sumase ao apoio e solidariedade cos traballadores de Atención Hospitalaria da área de Vigo que teñen convocada unha folga para o Martes día 13 de Outubro.

Dende a Plataforma de Ourense consideramos moi importante e fundamental esta loita, na que levan varios meses, contra as medidas privatizadoras do Goberno presidido polo Sr. Feijóo e executadas pola recen cesada Conselleira Rocío Mosquera. A gran manifestación do pasado 3 de setembro en Vigo foi unha das maiores mostras do gran rexeitamento, a estas medidas de precarización do sistema sanitario público, e da unidade entre a poboación e profesionais da saúde que obrigou ao Sr. Feijóo a remodelación do seu goberno.

 

Os datos, as informacións, as analises, etc que teñen saído estas semanas nos medios de comunicación sobre a situación do Hospital Álvaro Cunqueiro, amosan, por se alguén aínda non o tiña claro, a onde nos conducen unhas decisións que poñen en risco a seguridade dos pacientes, que precarizan as condicións de traballo dos profesionais, que levan ao enriquecemento duns poucos a conta de converter o dereito de atención sanitaria nunha mercadoría.


A loita destes profesionais e da poboación de Vigo, non pode ser algo alleo a cidadanía da provincia de Ourense, onde vemos como ano tras ano, se perden camas hospitalarias, se privatiza o mantemento do CHUOu, se precarizan os contratos laborais, se amortizan prazas de profesionais, se pecha a atención urxente de Pediatría as 24 horas, se atrasa a construción de novas infraestruturas sanitarias, se perden terreos sanitarios como o Hospital de Toén, se ten desorganizado e deshumanizado o servizo de Urxencias do CHUOu, etc. Ademais os ourensáns non podemos perder de vista que as infraestruturas sanitarias de Vigo, non son soamente para Vigo, os hospitais desa zona son tamén centros que atenden a moitas persoas desta provincia pois son referentes para problemas de Saúde como: Pediatría, Cardiovascular, Medicina Nuclear, Cirurxía Plástica, Queimados, etc. Polo tanto os ourensáns tamén nos xogamos moito, tendo en Vigo centros sanitarios que poñen en risco a seguridade e atención aos doentes.

  • Pedimos o abandono da política de privatización sanitaria da que ven pulando o Partido Popular.
  • Solicitamos a plena reversión á Sanidade Pública do novo Hospital Álavaro Cunqueiro.



A Plataforma “SOS Sanidade Pública de Ourense, chama aos cidadáns de Ourense a que acudan a concentración que o día 13 de Outubro ten convocada a Comisión de Centro do Complexo Hospitalario de Ourense as 11 horas na porta principal deste Hospital