Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



SOS-Sanidade Pública apoia a folga e mobilizacións contra a privatización e por unha Sanidade Pública do día 13 de outubro

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere mostrar o seu apoio á folga da sanidade pública de Vigo convocada pola Xunta de Persoal para mañá martes día 13 por que:

 

1.- Consideramos inaceptable que o Novo Hospital de Vigo quede en mans de empresas multinacionais e construtoras que buscan facer negocio c a saúde da cidadanía do esa área.

 

2.- Son intolerables os recortes introducidos no mesmo que reducen as mais de 1.450 camas previstas 850 así como un 30% de quirófanos ou mais da metade de camas de urxencias; a mala a calidade dos materiais que poñen en risco a atención ou a seguridade de pacientes e sanitarios; ou cobro por aparcamento ou por servizos non asistenciais aos pacientes..

 

3.- Pese a estes recortes en custo do centro elevarase a máis de 1.400 millóns, cando o seu custo real rolda os 300, trasladando ás xeracións futuras un endebedamento inaceptable que reducirá os recursos para outros servizos de saúde en toda Galicia.

 

4.- O proceso de trasladado de recursos e a apertura do centro estase realizando cunha enorme improvisación e incapacidade técnica poñendo en risco a atención dos pacientes

 

Por todo iso chamamos a toda a poboación de Vigo e Galicia a apoiar a folga sanitaria e acudir ás concentracións convocadas pola Xuntas de Persoal de toda a Comunidade Autonoma (apoiadas polas Plataformas Para a Defensa da Sanidade Pública), en defensa do carácter público do Novo Hospital de Vigo e contra os recortes sanitarios.