Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Comunicado de prensa da Plataforma A Mariña sobre os atrasos en probas diagnósticas no Hospital da Costa

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

A SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS NA SANIDADE PÚBLICA NON VIRÁN CON MAIS LADRILLO SENÓN NA DEVOLUCIÓN DA XESTIÓN SANITARIA Á COMARCA E CON PERSOAL SANITARIO PROPIO SUFICIENTE PARA ATENDER A DEMANDA


A PLATAFORMA SÚMASE ÁS CRÍTICAS DO OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE E RECLAMA SOLUCIÓNS PARA OS ATRASOS EN PROBAS DIAGNÓSTICAS NO HOSPITAL DA COSTA


A Plataforma na Defensa da Sanidade pública da Mariña advertiu que os problemas cos retrasos en probas diagnósticas, a falta de persoal, as derivacións de doentes a outros centros fora da comarca, e a saturación nos centros de atención primaria, non van resolverse a golpe de anuncios electoralistas, nin coa ampliación do hospital da Costa e cun gran aparcamento que acabará sendo un negocio para algunha empresa amiga que logre a concesión para xestionalo.

 

Afirman que o amor do PP co ladrillo e as privatizacións, e o desamor que, unha e outra vez, demostra co mantemento do sistema sanitario público, non augura solucións para dar volta ás asistencias médicas de prestado dende Lugo, á falta de persoal no hospital e nos centros de primaria, á derivación de doentes da comarca a outros centros, aos graves retrasos irresponsábeis nas probas diagnósticas, nin á concepción da asistencia sanitaria na comarca como unha delegación de Lugo, cando debera ter capacidade de xestión propia para decidir en función das necesidades da poboación.

 

A Plataforma súmase ás críticas feitas públicas polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en relación aos graves retrasos nos resultados de citoloxías de colo de útero no Hospital da Costa. A crítica non é nova e persiste no tempo sen que que se dera solución a un problema que pon en grave risco a saúde das mulleres como xa denunciou esta Plataforma fai anos. O problema, afirman, é que non se trata dun retraso puntual senón crónico, e o mesmo sucede con outras probas como recentemente se denunciaba con probas cardíacas, ou a falta de substitución de persoal como sucedeu rcentemente por uns días coa  facultativa de reumatoloxía.

 

Coa chegada do verán os problemas agrávanse, a pesar do incremento notábel de poboación na comarca, nin se reforza o persoal nos centros de primaria, nin no hospital; moi ao contrario non se fan relevos por vacacións e a carga de traballo aumenta ate extremos insoportábeis no persoal que queda en activo.

 

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña