Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Ante o Decreto de Comités de Ética Asistencial e as modificacións que se pretenden impoñer.

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

A Plataforma SOS Sanidade Pública solicita a retirada do  anteproxecto de Decreto polo que se regulan os Comités de Ética Asistencial de Galiza (CEA).  E  demanda que calquera cambio de norma estea orientado a mellorar a norma existente, e non a establecer un control político sobre os mesmos.


O Goberno Aberto da Xunta de Galiza colgou recentemente no Portal de Transparencia un anteproxecto de decreto para regular os Comités de Ética Asistencial, sen xustificar os motivos para cambiar a norma,  sen haberllo debatido cos as/os profesionais sanitarios, e menos sen contar coa opinión das persoas que desde fai anos veñen traballando nos CEA

 

Os Comités de Ética Asistencial son uns órganos consultivos de carácter interdisciplinario, ao servizo das/os profesionais e usuarios dos centros sanitarios, destinados a analizar e asesorar na resolución de conflitos éticos que poidan xurdir coma consecuencia da labor asistencial para mellorar a dimensión ética da práctica clínica e da calidade asistencial.

 

Por definición este órganos deben:

  • Ter un carácter consultivo. A decisión final corresponde ao consultante.
  • Ser independente de calquera órgano institucional.
  • Ser aconfesionais.

 

Sen embargo o texto que propón a Consellaría de Sanidad permitiría o control dos Comités polas Xerencias de Área, e por extensión pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria. Ademais o anteproxecto limita as funcións dos Comités en temas tan fundamentais coma é a protección dos dereitos das/os doentes u o dereito a decidir sobre as cuestións que afectan a vida da xente.

 

A Xunta de Galicia pretende  ademais que o Comité de Bioética de Galiza teña a dirección xerárquica  destes Comités, algo incompatible coa propia natureza de estes organismos autónomos, que deben ter capacidade para tomar decisións por si mesmos e  establecer o que está ben ou mal, sen interferencias da administración . Con este cambio os Comités corren o risco de converterse en órganos de carácter doutrinal.

 

Por todo isto desde a Plataforma SOS Sanidade Pública exiximos a Xunta de Galicia que:

·       Xustifique os motivos para cambiar a normativa.

·       Os/as directivas/os da administración  non formen parte dos Comités de Ética Asistencial, para  garantir a súa independencia

·       Os procesos de selección dos seus membros sexan públicos e transparentes.

·       Teñan presenza de persoal non sanitario.

·       Gocen de plena autonomía respecto do Comité de Bioética de Galiza.

·       Garanten a protección dos dereitos das/os doentes coma referencia fundamental das súas funcións.

·       Exista paridade entre Mulleres e Homes

·    Os seus informes sexan remitidos á Inspección Sanitaria, quen accederá a eles mediante procedementos específicos. En ningún caso os informes serán remitidos á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, e menos enviados de xeito rutineiro á Direccións de Xestión das Areas Sanitarias.

 

SOS Sanidade Pública quere lembrarlle á Consellaría de Sanidade que as normas  cambiadas por imposición están condenadas ao fracaso.