Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



SOS-Sanidade Pública apoia a manifestación do día 22 no Meixoeiro

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

20160622_mani_VigoA Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar o seu apoio á manifestación convocada pola Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Meixoeiro para do próximo dia 22 de Xuño, que culmina o peche dos traballadores do hospital en demanda de

 

1.- APERTURA DE TODAS AS CAMAS DE HOSPITALIZACIÓN.

 

2.- APERTURA DA UNIDADE DE CRÍTICOS.

 

3.- NIN UNHA DERIVACIÓN Á SANIDADE PRIVADA.

 

4.- PLAN DE CHOQUE PARA REDUCIR AS LISTAS DE ESPERA

 

Desde SOS consideramos importante que a cidadanía apoie masivamente esta convocatoria para frear o desmantelamento deste centro hospitalario que forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

 

Os recortes no centro vén agravar os problemas de recursos que padece a área como os recortes de camas e servizos do novo centro hospitalario construído en Valladares e o abandono do proxecto de situar nos Anexos I e II do antigo Hospital Xeral os servizos que Vigo necesita como o Centro de Alta Resolución, Centro e Urxencias Extrahospitalarias dotado adecuadamente, novo centro de Atención Primaria etc.

 

A manifestación esta convocada para o mércores 22 de xuño ás 20 horas, na entrada do Hospital do Meixoeiro.