Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

SOS-Sanidade Pública de Vigo sobre o Anexo I do Hospital Xeral e a Cidade da Xustiza

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Ante o feito de que o SERGAS pretende destinar á Cidade da Xustiza de Vigo a Torre do edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo xunto co Anexo I do mesmo, dende a Plataforma SOS sanidade Pública de Vigo queremos denunciar:


1.- Que a superficie da Torre do edificio, de 36.717 metros cadrados, é máis que suficiente para cubrir as necesidades da Cidade da Xustiza,  xa que excede en 10.000 m2 aos edificios actuais dos xulgados, polo que non precisa utilizar os anexos da torre. A Xunta de Galicia  quere converter un dos dous anexos nun aparcamento o que exixiría demoler todo o construído e en perfectas condicións de uso. Esta decisión supoñería un derroche de recursos sanitarios intolerable, tendo en conta a falta de equipamento sanitario que padece o Área.

 

2.- Sen embargo existe espazo mais que suficiente na zona aledaña ao antigo hospital para un aparcamento. Así entre as Ruas Vazquez Varela e Padre Feijoo hai un espazo baldeiro de contido,  que era utilizado ata agora para carga e descarga do material de desfeito do antogo Xeral. Ademais seria posible ampliar este espazo  expropiando os terreos de dos vivendas abandonadas (do mesmo propietario) nas que se acumula lixo, hai trafico de drogas e lumes (unha das casas foi queimada dúas veces), o que contribúe a degradación do barrio, situación denunciada reiteradamente polos veciños e comerciantes.

 

3.- Consideramos que a atención sanitaria do área de Vigo precisa dedicar a uso sanitario os Anexos I (12,672 m2) e II (8,022 m2), para situar neles servizos moi necesarios para Vigo como un Servizo de Urxencias Extrahospitalario; un Centro de Alta Resolución; un servizo de Cirurxía Minimamente Invasora (mantendo o Bloque Cirúrxico existente); un Bloque de Consultas Externas e Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais (necesarios para reducir as listas de espera); un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; manter o Servizo de Rehabilitación; o Centro de Orientación Familiar; e unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia.

 

Por todo elo exiximos a Xunta de Galicia


·       Manter o uso sanitario destes anexos, especialmente tralos recortes introducidos no Novo Hospital pola Concesionaria, os peches de dispositivos no Hospital Meixueiro, Hospital Municipal e os centros de Coia e a Dobrada, e o abandono do Plan de Recursos Integrais por la actual Consellería de Sanidade, que ademais de  contribuír ao deterioro sanitario, afastan á poboación dos servizo asistenciais.

 

·       Non devolver os Anexos a Seguridade Social para destinalos a Cidade da Xusticia que non os necesita para nada.