Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Badaladas por un Plan Galego de Prevención do Suicidio

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Ante o grave problema do crecemento do suicidio en Galicia desde a Plataforma SOS Sanidade Pública esiximos a Conselleria de Sanidade


1.       A elaboración con carácter prioritario un Plan Galego sobre o Suicidio  de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e  artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia coa  implicación da comunidade.

2.       A constitución dun Comité Técnico para elaborar dito Plan

3.       A creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter  multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido en cada Área, realizar informes, identificar grupos e situacións de risco e elaborar opostas e protocolos de intervención


Mentres se elabora o Plan consideramos necesario:

 

·       Que a Conselleria de Sanidade e o SERGAS  leven adiante actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, para informar a poboación  sobre o suicidio coa finalidade de sensibilizala e  desestigmatizar o problema

·       Mellorar o nivel de coñecemento dos profesionais de Atención Primaria sobre o problema e incrementar a súa capacidade para explorar o risco, avalialo e realizar actuacións preventiva adecuadas.

·       Desenvolver protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.

·       Facilitar con carácter prioritario  o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia acordou o pasado 6 de Xunio apoiar a campaña de sensibilización social e promovida polo  Movemento Galego de Saude Mental (MGSM) "Badaladas en Prevención do Suicidio" na que participan representantes de diferentes colectivos sociais na porta da Catedral de Compostela. Tódolos dias o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), ás 8 da tarde na Praza de Praterias realiza un acto que forma parte da campaña Badaladas pola prevención do suicidio. As badaladas comezaron o  dia 3 de maio e aínda seguen tódolos dias. Con cada badalada, cada dia, quere recordarse que unha persoa morreu por suicidio en Galicia, e que ainda non se fixo nada dende a Xunta para cumprir ca orientación da OMS de desenvolver unha estratexia de prevención.. O día 30 o número de persoas suicidades é 181.

 

DESDE SOS SANIDADE PÚBLICA CONVOCAMOS ACTOS SIMILARES NAS LOCALIDADES DE GALICIA  O DÍA 30 DE XUÑO   ÁS 8 DA TARDE, CON CONCENTRACIÓNS E BADALADAS EN LUGARES PÚBLICOS.


Nelas reivindícamos un Plan Galego de Prevención do Suicidio, problema que creceu alarmantemente como consecuencia da crise económica e social, os recortes de recursos  e a ausencia dunha Rede de Saúde Mental que coordine recursos e dispositivos intersectoriais.

 

unnamed_2Badalada-Vigo1Cartaz_badalada_prevencin_de_suicidioBadaladaimage_2