Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

Iniciativa Lexislativa Popular

O PP vota en contra da ILP de promoción da sanidade pública, deixando clara a súa posición privatizadora

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Mércores, 19 Decembro 2012 10:14

 

20121218_114633

 

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública que integra ás 17 Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de toda Galicia e a decenas de organizacións, veciñais, de enfermos e consumidores; ONGs; sindicatos; asociacións profesionais; partidos políticos; Concellos; etc, , presentou onte día 18 de decembro unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en Defensa da Sanidade Pública, co respaldo de máis de 45.000 firmas.

 

20121218_101510


Os contidos do Proxecto de Lei da ILP foron


1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde


2.- Garantir a xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada


3.- Incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas..

.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa

A Iniciativa Lexislativa foi apoiada por PSDEG-PSOE, Alianza Galega de Esquerdas e BNG, mentres que o Partido Popular votou na súa contra, polo que foi rexeitada dada a maioría absoluta que ten no Parlamento Galego. Hai que recordar que o PP apoia o financiamento e xestión privada dos novos hospitais e centros de saúde, paralizou o Plan de Mellora da Atención Primaria acordado polo anterior goberno de Galicia con todas as organizacións da AP, e está desmantelando as áreas sanitarias, seguindo o exemplo da CCAA de Madrid de crear espazos amplos para o mercado e a competencia dentro da sanidade.

.

A presentación da ILP no Parlamento foi apoiada cunha concentración das Plataformas fronte ao Parlamento, ante as que o portavoz de SOS reiterou o compromiso de todos de seguir mobilizando a toda a sociedade galega en contra dos recortes e desmantelamento da sanidade pública.
 

Acto de apoio á ILP en Vigo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Venres, 13 Abril 2012 09:59

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo integrada en SOS Sanidade Pública, participa activamente na difusión e recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) presentada no Parlamento de Galicia coa finalidade de manter o carácter público do sistema sanitario en Galicia, ameazado pola política de privatización do financiamento e xestión dos centros sanitarios e o recorte de servizos.

A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS Sanidade Pública propón catro puntos:

1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos.

2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia.

3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.

SOS Sanidade Pública pretende recoller sinaturas para que o Parlamento de Galicia debata esta proposición de lei, e ao mesmo tempo promover un gran debate e mobilización social en defensa do sistema sanitario público.

Con esta finalidade pretendemos realizar un acto público de apoio á ILP hoxe venres día 13 de abril ás 20 horas na Casa Galega da Cultura Vigo, no que diferentes personalidades do ámbito cultural, social, profesional, sindical,  político  e cidadán exporán, a situación de risco en que se atopa a sanidade pública e a xustificación e contidos da Iniciativa.

 

Acto de apoio á ILP en Vigo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Xoves, 12 Abril 2012 10:18

cartaz_acto_vigo

   

Plataforma da Barbanza: recollida de sinaturas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Luns, 09 Abril 2012 11:20

Plataforma da Barbanza

1


Recollida de sinaturas no mercado de Noia para ILP, domingo 1 de abril

4

 

O Pasado domingo día 1, estivemos no mercado de Noia, coa recollida de sinaturas para a IPL, recollerónse máis de 400 sinaturas, dende aqui moitas grazas a todos/as por colaborar coa vosa sinatura. Entre todos/as podemos parar a privatización da Sanidade Pública....


 

 


 


Levantamento da mesa de recollida de sinaturas para a ILP en Padrón polos municipais, domingo 8 de abril

Varios membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza estivemos este domingo recollendo sinaturas para presentar a Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa e Promoción da Sanidade Pública no parlamento galego, no mercado de Padrón, pero tivemos que suspender a recollida porque a Policía Municipal mandounos recoller a mesa e suspender a recollida xa que nos informaron que o permiso que solicitamos había 3 semanas estaba denegado. Temos que dicir que ata ese momento ninguén do concello de Padrón se dirixiu a nos nin vía correo postal, electrónico ou teléfono, parece que o concello  considera que o xeito  adecuado de responder aos cidadáns é enviando a Policía municipal.

Dende a Plataforma consideramos que a solicitude do permiso para recoller sinaturas é meramente un trámite administrativo, e que nun estado democrático non existe ningunha xustificación para que non se lles permita a un colectivo de cidadáns exercer o seu dereito a informar e facer partícipes aos seus concidadáns dun dereito constitucional como é a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular no parlamento.

Queremos dende aquí denunciar os feitos acaecidos este domingo no mercado de Padrón.

 

5

momento no que a Policía Municipal de Padrón ordea retirar a mesa de recollida de sinaturas

 

Plataforma do Salnés

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Sábado, 31 Marzo 2012 13:28

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés agradecemos aos centos de ribadumienses que apoiaron coa súa asinatura a Iniciativa Lexislativa Popular para a Promoción e Defensa da Sanidade Pública en Galiza hoxe sábado na mesa situada na Praza da Galiza.

Foto_plataforma_Ribadumia


Tamén a Plataforma  en Defensa da Sanidade Pública do Salnés ante a aprobación do COPAGO en Cataluña e o anuncio de Núñez Feijoo de que pretende introducir o copago nos medicamentos queremos denunciar

1.- Que a Consellería e o PP pretende incumprir as súa promesa electoral de que non ían introducir o copago en sanidade

2.- De que isto suporá socavar un dos alicerces da nosa sanidade pública redistributiva e accesible, ao introducir un novo imposto que grava a enfermidade, mentres se tolera unha fraude fiscal que alcanza o 25% do PIB e redúcense impostos aos máis ricos (sociedades, transmisións, etc)

3.- O copago afectará aos sectores con mais necesidade de atención como son os maiores de 65 anos que necesitan tres veces máis asistencia e medicamentos e que perciben unhas pensións medias ao redor dos 600 euros mensuais en Galicia. Só o 2% de loes pensionistas gaña máis de 2000 euros ao mes.

4.- Que tamén afectará á atención de amplas capas sociais como os parados que supón xa o 25% da poboación ou o 60% de asalariados que perciben menos de 1000 euros mensuais

5.- A capacidade recaudatoria desta medida será ridícula e os gastos administrativos compensarana con fartura, pero o que realmente se pretende é introducir os mecanismos de mercado na sanidade como paso previo á súa privatización.

Desde Plataforma  en Defensa da Sanidade Pública do Salnés oporémonos con todos os instrumentos democráticos á introdución desta medida na comarca e en Galicia