Constituída a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública

Venres, 15 Outubro 2010 12:10

Imprimir

Este venres, 15 de outubro, presentouse en Compostela a Plataforma “SOS Sanidade Pública”, na que están integradas todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública comarcais, a Confederación de Asociacións Veciñais (COGAVE), as organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e as organizacións políticas BNG e PSOE, ademais de tódalas organizacións políticas, sindicais e asociativas que forman parte de cada unha das Plataformas comarcais.

Todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública agrupadas na Plataforma Galega e as Organizacións que as conforman decidiron o pasado 6 de outubro, constituír unha Plataforma que sexa quen de dar unha resposta global á situación de perigo de desaparición da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública), e convocar unha Manifestación en Santiago de Compostela o día 21 de novembro de 2010.

O obxectivo de SOS Sanidade Pública e informar á cidadanía da situación de risco na que se atopa a sanidade Pública, e da necesidade de defendela, e para iso é necesario conseguir unha enorme mobilización social que inclúa a toda a cidadanía, xa que todas e todos pagaremos as consecuencias de perdela. Se até o de agora estabamos a defender melloras no seu funcionamento, neste momento temos que saír á rúa a defender a súa existencia.

SOS-sanidadepublica-33