Non hai manifestación o día 3 de outubro en Vigo

Sábado, 26 Setembro 2015 21:34

Imprimir

Circula desde hai uns días polas redes sociais este cartaz dunha manifestación de hai 3 anos, e parece ser que a xente está compartíndoo porque pensa que se trata dunha manifestación convocada por SOS-Sanidade Pública para o vindeiro día 3 de outubro. 

 

Desde aquí queremos deixar claro que este cartaz é dunha manifestación do 3 de outubro de 2012, e que non hai convocatoria ningunha para o 3 de outubro deste ano. 

 

O cal non significa que non haxa motivos para mobilizarse e que non vaia haber mobilizacións en defensa da sanidade pública, dada a grave situación pola que atravesa, nomeadamente en Vigo. Mais todas as mobilizacións ou actos de defensa da sanidade que se convoquen serán convenientemente anunciados.

 

Grfico1