Contra a supresión do Laboratorio do Novo Hospital de Vigo

Luns, 30 Xuño 2014 12:15

Imprimir

Mañá martes día 1 de Xullo ás 16,30, os traballadores do servicio de laboratorio do CHUVI e a Plataforma SOS Sanidade Pública convocan un acto diante das obras do Novo Hospital de Vigo en protesta pola supresión do servizo de laboratorio deste novo centro.

A devandito acto asistirán ademais dos profesionais e traballadores do servizo de laboratorio do CHUVI e  da Plataforma SOS de Vigo;  a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública;  os lideres políticos dos grupos parlamentarios da oposición: Jose Ramón  Gomez Besteiro polo PSdeG-PSOE, Xose Manuel Beiras e Yolanda Diaz por AGE e Xavier Vence Portavoz Nacional do BNG: Estarán ademais  o alcalde de Vigo Abel Cabellero e os secretarios xerais de CIG Suso Seixo, de UGT Jose Antonio Gomez e de CCOO Xose Manuel Sánchez; e membros da Xunta de Persoal do Centro.

 

Todas estas organizacións rexeitan a supresión dun servizo central, clave para o funcionamento do Novo Hospital,  que responde á estratexia de recortar os servizos do centro para abaratar custos ás empresas concesionarias e de eliminar os laboratorios dos centros públicos para proceder a sua privatización (como o laboratorio central de Galicia asignado a Cerba Internacional propiedade da multinacional Unilabs-Capio)