SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación a participar na manifestación de hoxe en Vigo

Xoves, 03 Setembro 2015 09:12

Imprimir

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere mostrar o seu apoio e solidariedade á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, aos colectivos que a integran, ás entidades da área afectadas e á Xunta de Persoal e sumar a súa convocatoria de manifestación de hoxe dia 3 de setembro ás 8 da tarde en defensa de carácter público do Novo Hospital afectado polos recortes e a deficiencias do modelo de financiamento privado.


Consideramos inaceptable que se pretenda poñer en funcionamento un centro con graves deterioros e deficiencias nas súas infraestructuras que poñen en risco a seguridade dos pacientes e obrigaron á súa paralización; que sufriu importantes recortes en camas, quirófanos, urxencias, laboratorio, servizos de radioloxía, dotación e equipamiento dotación, para favorecer a unha concesionaria privada que pretende facer negocio cobrando copagos por aparcar ou dar de beber aos pacientes ingresados. 


Esta grave situación mostra os problemas asociados á privatización dos servizos sanitarios e a necesidade do seu rexeitamento por toda a Cidadanía, por encima de diferenzas políticas ou ideolóxicas.


MANIFESTACIÓN 3 DE SETEMBRO


HOSPITAL XERAL, 20 H


SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE!