Novas
rsz logososcompos

Solicitude o Valedor do Pobo da Asociación Compostelana de Diabetes, a través da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela. Presentamos neste informe as seguintes reclamacións:

AUTOCONTROL:

Está amplamente demostrado e aceptado, que as persoas con Diabetes, para evitar o desenvolvemento da súa enfermidade e a conseguinte aparición de complicacións relacionadas con ela, deben conseguir un control metabólico e uns níveis de glucosa en sangue o máis achegado posíbel aos dunha persoa sen Diabetes.

Para que o paciente poida controlar de forma axeitada os seus níveis de glucemia e que en base aos resultados obtidos, poida ser capaz de facer os cambios precisos no seu tratamento (autocontrol), é fundamental a autoanálise da glucemia capilar e unha educación terapéutica estruturada da glucemia capilar.

Cada enfermo é unha persoa, polo tanto, non podemos falar de Diabetes, senón de persoas con Diabetes, as características e situacións das cales, deben ser tidas en conta. Non todas as persoas con Diabetes son iguais, polo tanto para unha monitorización eficaz, haberá que considerar as características e as necesidades de cada paciente, de xeito individualizado e adecuar o tipo de sistema de medición que mellor se adapte en cada caso, conseguindo así unha maior adherencia ao plan terapéutico prescrito polo profesional da saúde e un investimento efectivo dos recursos sanitarios.

O autocontrol de glucemia como ferramenta esencial debe potenciarse, facilitando o acceso aos diferentes sistemas de medición.

Hai que manter o acceso a un número óptimo de tiras de medición e que se continúe proporcionando suficiente diversidade de tipos. Do mesmo xeito, hai que buscar vías que permitan a incorporación de novas tecnoloxías e sistemas de medición que faciliten a autoxestión da Diabetes.

De ningún xeito poderíamos aceptar un sistema reducionista destas prestacións que tanto nos custou conseguir. Solicitamos poder facer os autocontrois de forma máis periódica, e a mellora da calidade dos productos que se usan para a Diabetes.

Non hai que esquecer todo o traballo feito no mundo da Diabetes, para dar autonomía ao paciente e facelo corresponsábel da súa enfermidade.

A nosa asistencia ao paciente con Diabetes, era referente noutros países, debido á colaboración que existiu nestes anos entre especialistas en Endocrinoloxía e outras especialidades como Atención Primaria, tanto no ámbito asistencial, ca formación continuada e no ámbito da investigación clínica. Sempre co obxectivo da optimización de recursos e a avaliación de procedementos. Non hai que esquecer, que no ámbito da Sanidade Pública non hai dúbidas de que o recurso mellor valorado é a calidade dos seus profesionais.

O beneficio clínico máis importante de calquera intervención en Enfermidades Crónicas, debe medirse en décadas, non en meses ou anos.

Os farmacéuticos poden ser unha parte importante da adhesión ao tratamento e control da Diabetes; este feito pode supoñer unha redución de custes no tratamento, cunha conseguinte mellora en eficiencia e eficacia.

Non hai que esquecer que o paciente con Diabetes debe ser o centro do sistema e xunto ca súa corresponsabilidade, as súas expectativas deben ser consideradas polas persoas que elaboran as Políticas Sanitarias.

O recorte económico no mundo da Diabetes, supón inevitablemente o empeoramento dos diabéticos no futuro, o que implicará un aumento da atención clínica, e polo tanto incrementará os gastos sanitarios.

AGULLAS:

Os centros de saúde dependentes da Consellería de Sanidade dispensan ás persoas afectadas unhas agullas para as plumas de insulina que, ademais de xerar dor, poden causar lesións e alterar a correcta absorción desta hormona.

O concurso público para o subministro das agullas de plumas, foi adxudicado a unha marca máis barata que a anterior e de peor calidade.

Estas agullas, fabricadas por unha firma que xa foi vetada noutras autonomías, son de maior lonxitude que as que se subministraban anteriormente, e iso pode dar lugar a que a insulina chegue ao músculo, en lugar de quedar no tecido subcutáneo, e provocar así hipoglucemias (que poden ser mortais).

Non se enroscan ben ás plumas de insulina, o que pode ocasionar fugas que se traducen en hiperglucemias (subidas de azucre).

O concurso público convocado para o subministro das agullas para as plumas de insulina, foi adxudicado a unha marca que ocasionara xá problemas a persoas con Diabetes de Aragón, Cataluña, Madrid e Canarias.

A Administración adxudicou un concurso público con criterios unicamente económicos, sen atender ás necesidades das persoas enfermas. Ante as nosas advertencias respondeu que “nos tería en conta”, algo que finalmente non aconteceu.

A pesar da multitude de reclamacións presentadas polos socios das Asociacións de Diabéticos nos Centros de Saúde, a Conselleira argumenta que hai “poucas queixas ao respecto”.

Aínda máis grave, defende que a dor que denuncian as persoas con Diabetes que se administran insulina cas polémicas agullas é “subxectiva”, tese ca que ignora a dor que evidencian no seu rostro bebés, nenos e anciáns con Diabetes, engaden as fontes.

Máis tamén dan dor, ao retirala agulla, derivado do aumento da súa lonxitude, dos 5 mm. anteriores aos 6 mm. actuais.

Teñen un precinto de seguridade que se desprende facilmente.

Algunhas agullas non enroscan ben.

Isto xera ansiedade e aumento da preocupación, en pacientes crónicos que non teñen por qué perder calidade de vida, nin recibir un trato degradante, xa que indirectamente a Consellería de Sanidade, lles transmite que a “súa enfermidade custa cartos ao contribuínte e que hai que abaratar custos”.

Do mesmo xeito, sostén que é “consciente da sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde, sempre e cando non se rebasen os límites racionais e sanitarios”, feito que se está producindo actualmente, e non se pode xogar ca saúde dos enfermos.

EDUCACIÓN DIABETOLÓXICA:

As persoas con Diabetes, empreguen ou non insulina, teñen que asumir a responsabilidade do control diario da enfermidade. Por iso é clave que entendan a enfermidade e saiban cómo tratala; a educación en Diabetes mellora o control glucémico e pode ter un impacto beneficioso noutras variables como a perda de peso, calidade de vida, etc.

Aínda que os plans integrais en Diabetes de cada Comunidade Autónoma, recoñecen a necesidade da Educación Diabetolóxica, a maioría céntrase en insistir sobre a necesidade formativa do educador dun xeito xeral. Isto é lóxico, dado que non existe o certificado do especialista en Educación Diabetolóxica e a maior parte dos educadores proveñen do colectivo da enfermería, que foi, dun xeito autónomo, heteroxéneo e con actividades formativas, formándose na patoloxía, na metodoloxía educativa e nos aspectos psicosociais da enfermidade crónica.

Solicitamos pois, tamén, que se poñan os medios para que exista a Educación Diabetolóxica para esta patoloxía crónica.

Acceso a solicitude de graos de invalidez dos pacientes diabéticos:

http://www.centrodesaluddebollullos.es/Centrodesalud/Enfermeria/Documentacion%20Distrito/Documentos/Diabetes/Legislacion%20sobre%20Invalidez%20referente%20a%20la%20diabetes.pdf

Lexislación sobre Invalidez referente a Diabetes: 

INVALIDEZ: BOE nº 22 de 26 de Enero 2000: REAL DECRETO 1971/1999 de 23 de diciembre, de procedimiento para el reconocimiento, declaración y cualificación del grado de minusvalía.

Diabetes Mellitus: Por lo que hace referencia a la diabetes, los cuatro grados contemplados son los siguientes:

Clase 1: 0% de discapacidad: El paciente está diagnosticado de diabetes mellitus y se mantiene asintomático y precisa tratamiento farmacológico y/o dietético.

Clase 2: 1 al 24% de discapacidad: El paciente está diagnosticado de diabetes mellitus Y se mantiene asintomático y el tratamiento correcto, dietético y farmacológico, no es capaz de mantener repetidamente un adecuado control metabólico o hay evidencia de microangiopatía diabética definida por retinopatía o albuminuria persistente superior a 30 mg/dl.

Clase 3: 25 al 49% de discapacidad: A todo paciente que, por causas distintas a un inadecuado control terapéutico, requiera hospitalizaciones periódicas por descompensaciones agudas de su diabetes, con una periodicidad de hasta tres al año y con una duración de más de 48 horas cada una.

Clase 4: 50 al 70% de discapacidad: En caso de que el número de hospitalizaciones de iguales características sea superior a 3 / año. 

Estas situacións serán revisables cada 2 anos. 

Solicitamos que non se cambie a valoración dos enfermos con Diabetes no seu grao de invalidez (minusvalía).  

Esperamos que o Valedor do Pobo de Galicia, teña en conta as solicitudes feitas pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela e poña os medios para que a administración resolva as nosas demandas. 

Aténtamente: Dr. José Mª Dios Diz, voceiro da Plataforma SOS Sanidade pública de Compostela. Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tf: 696750892. 

Santiago de Compostela, 8 de maio do 2015