Novas
rsz logososcompos

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, ven de presentar no día de hoxe unha QUEIXA ante a Valedora do Pobo, para reclamar que se faga xustiza c@s usuari@s das Residencias de Maiores. Concrétamente, demandamos da V. do P. que se derogue o decreto elaborado polo PP en solitario que fai que @s usuari@s das residencias, pasen de pagar o 75% da sua pensión a pagar ata o 100% da mesma. Pedimos tamén que se mellore a calidade dos servicios que prestan, aumentando a dotación de persoal e que se mellore a calidade dos productos utilizados nestes pacientes: pañais, tiras de glucosa, etc.....

Acompañáronnos @s parlamentari@s Ron e Ana Pontón, así como Rubén Cela e membros da Platafroma SOS de Compostela.

Esperamos que se faga xustiza e que a Xunta deixe de ser forte c@s débiles e moi débil c@s fortes....