Novas
rsz logososcompos


A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, quere manifestar o seu rechazo máis absoluto, o peche de camas dictado pola xerencia. Co eufemeismo de “
ADECUACIÓN DEL AFORO DISPONIBLE DE HOSPITALIZACIÓN” (que adxuntamos), fai unha restricción de camas (e servizos) que é impresentable. Tendo as listas de espera que temos, cómo é posible que esta xerencia (por órden da conselleira Rocío Mosquera), poda restrinxir o uso de quirófanos, departamentos, camas, servizos en xeral, etc...? O verán é unha época do ano exáctamente igual que outra, ca sua patoloxía nos doentes crónicos e agudos, e a patoloxía derivada da época estacional. Os profesionais teñen dereito o seu descanso e a consellería ten que poñer os medios, para que se manteñan os servizos operativos.

Dende a Plataforma SOS de Compostela, queremos deixar claro o noso rechazo a estas medidas que o único fin que teñen é seguir privatizando o Sistema Sanitario Público.

Asdo. Xosé Mª Dios Diz, voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela.

Santiago, 4 de xuño do 2015