Novas
rsz logososcompos

Cada terceiro domingo de cada mes a Marea Branca volta á Coruña, e esta vez tamén chega ata Santiago de Compostela.Facemos un chamamento a tódala cidadanía a mostrar o seu rechazo pola privatización e desmantelamento da nosa sanidade pública, polo peche de camas, polos colapsos das urxencias, pola situación crítica nas residencias de maiores e discapacitados,  polas novas formas de mentir do goberno de Feijóo, dicindo que non pechan camas nos hospitais Gil Casares e Conxo, cando a realidade é a contraria. Por todo isto e moito mais, a Marea Branca avanza por Galicia, e non a pararemos, ata que a nosa sanidade este garantida, ata que as leis 15/1997, 16/2012 e o artigo 135 da Constitución sexan derogadas  para que ninguén máis poda privatizala.
¡¡¡A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!

Domingo 19 de Xullo ás 12:30 da mañá:

A Coruña: ………………….    Praza do Obelisco
Santiago de Compostela:    Praza do Toural