Novas
rsz logososcompos

O Sergas adxudica 1,2 millóns sen publicidade á empresa dun ex-ministro según GC:
Everis, cuxo vicepresidente é o ex-ministro de Defensa Eduardo Serra, gaña o concurso para unha Central de Simulación Médica Avanzada malia presentar a oferta máis caras entre as únicas dúas que solicitou o SERGAS.
A Consellería de Sanidade acaba de adxudicarlle máis de 1,21 millóns de euros a Everis mediante o procedemento negociado sen publicidade. É dicir, sen publicar os pregos de condicións e sen abrir un prazo para que se presenten todas as empresas interesadas, senón invitando a Administración a determinadas compañías. Segundo figura na documentación a que tivo acceso GC, a consultora cobrará 1,05 millóns máis IVE polo servizo de deseño, desenvolvemento e demostración dun centro virtual de desenvolvemento e demostración ,dun centro virtual de xestión e análise avanzado automatizado do entrenamento sanitario, dentro do subproxecto "GS5-IS-8: Central de simulación médica avanzada. Everís está vinculada ao Partido Popular a través de Eduardo Serra Rexach, quen fora ministro de Defensa no primeiro goberno de José María Aznar. Serra Rexach é conselleiro de Everis, vicepresidente do grupo e presidente da Fundación Everis, da que depende outra institución, a Fundación Transforma España.