Novas
rsz logososcompos

 

 

Xuntanza ca Concellala de Igualdade, Benestar Social e Saúde do Concello de Santiago:

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, tivo o día 28 de xullo do 2015, unha reunión ca concellala Concha Fernandez, cunhas conclusións moi interesantes:

Constituir, de novo, o Consello Municipal de Saúde. Poñelo operativo.

Instar o xerente de xestión integrada, da área sanitaria de Santiago, que constitúa xá o Consello de Saúde de Área, algo que xá demandou SOS, tanto no xerente como no Valedor do Pobo.

Buscarlle unha solución o aparcadoiro do CHUS, tanto no público (escaso) como no privado (caro e mal atendido).

Instar dende o concello, a que non se faga o peche de camas tan masivo como se fixo este ano e que as volvan a abrir xá........

Falamos da UMAD (atención @s drogodependentes), que teñen unha falta de persoal evidente, polos recortes de financiación. Tamén que está vacante a dirección da UMAD. Englobalo no Plan Galego de Saúde Mental, que o PP retirou unilateralmante (como o Plan de mellora da Atención Primaria).

Valorafr cómo está o tema da facultade de medicina e os terreos no campus sur para a construcción do campus da saúde. Falamos do Plan Director do Hospital que nunca se levou a cabo.

En fín unha xuntanza moi cordial e moi receptiva ca concelleira, nos temas que plantexamos. Terá continuidade e veremos os resultados. Un saúdo.

Voceiro da Plataforma de SOS Sanidade Pública de Compostela: Xosé Mª Dios Diz.

696750892; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.;
Web: http://www.sos-sanidadepublica.org/compostela/
Facebook: https://www.facebook.com/s.o.s.Compostela?ref=ts&fref=ts