Novas
rsz logososcompos

O mércores, 4 de novembro do 2015, as 20 horas e no C.S.C. de Vite, teremos un acto informativo co título de "Sanidade Pública en Perigo". Falarán: Xosé Mª Dios Diz, voceiro de SOS Compostela, Flora Miranda, Médica de Familia e Miguel Vieito, xurista de saúde.

Charla coloquio, para desmontar a privatización permanente da Sanidade Pública por parte do pp e falar da exclusión de moitas persoas, do sistema.

Acude si queres defender a Sanidade Pública.