Novas
rsz logososcompos

 

Memoria de actuacións da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela:

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela ten realizado diferentes actuacións ante a Valedora do Pobo e outras instancias, denunciando diferentes aspectos da Sanidade Pública que están en cuestión nestes momentos. Relatarei algunhas das actuacións feitas e o resultado que tivemos ata o de agora:

 

Levamos ante a Valedora do Pobo, o 26 de maio do 2015, a posta en marcha do Consello de Saúde de Área (CSA) de Santiago de Compostela (despois de duas intentonas por parte da Valedora do Pobo, o xerente de área e a consellaría de sanidade, continúa sen contestarlle a este asunto). O CSA é un organismo consultor da xerencia de xestión integrada de Santiago (das 7 xerencias de Galicia), que tiña que estar constituido por lei dende o ano 2008 e aínda non se conformou, co cal, ás asociacións de usuari@s> do Sistema Sanitario Público, Plataformas Sanitarias, colexios de profesionais relacionados ca saúde, sindicatos, partidos políticos, e outras entidades, non poden participar na toma de decisións (unilateral) da Xerencia de Área, ante unha arbitrariedade evidente das súas decisións

 

Levamos ante a V. do P. , o 26 de maio do 2015, a mala calidade dos produtos para pincharse a insulina por parte d@s pacientes diabétic@s>: as agullas son de tan mala calidade, que causan hematomas importantes no lugar do pinchazo, pérdese a insulina por extravasación ou non penetra na zona subcutánea do pinchazo, por non axustarse ben á pluma de insulina. Rompen no abdomen d@ doente (temos radiografías con ata 5 agullas incrustadas nun abdomen dunha doente). Temos máis de 200 denuncias de pacientes @s que lle provoca algún tipo de malestar a mala calidade destas agullas. Cónstanos que a consellería o sabe dende fai anos, pero a consellería sigue sin contestar a esta demanda.

 

Levamos a V. do P. o 9 de Outubro do 2015, o tema da suba excesiva de cota @s residentes das Residencias do SERGAS: elevouse a contía do que teñen que pagar ao mes, por lei, só co apoio do PP, ata o 100% da pensión do residente. A consellería correspondente sigue sin dar noticias do escándalo que supón para un/ha residente pagar TODA A SÚA PENSIÓN ao SERGAS.

 

Presentamos unha QUEIXA, ante a V. do P. para que non exista discriminación na concesión de tratamentos oncolóxicos para est@s pacientes, cun mesmo diagnóstico. É inexplicable e vergonzoso que ante un mesmo diagnóstico, en hospitais do SERGAS se dé o trato determinado, e noutros hospitais do mesmo SERGAS, non se concedan. Tamén, que se concedan en outras CCAA e non na Galega. Ou que a Asociación Europea do Medicamento (AEM) a conceda e non se conceda no estado español. Parece incrible que con un mesmo diagnóstico, teña o paciente catro filtros: a AEM, a Asociación Española do Medicamento, o Comité de Farmacia Autonómico e o Comité de Farmacia de Área Sanitaria. Ao final: catro filtros, cunha visión economicista exclusiva, que o que fai é conceder ou non un medicamento, segundo o criterio da xente deses comités. Tamén, iso si, pode ser concedido, como “uso compasivo” pola dirección do hospital correspondente.

 

Formamos parte da Rede Galega de Defensa do Dereito a Saúde, a presentamos ante a V. do P., o 9 de novembro do 2015, o documento de “exclusión sanitaria”. Referido as exclusións da asistencia sanitaria, das persoas inmigrantes, pero a lei que permite isto: a “Lei de Garantías” (vaia eufemismo) exclúe non só, @s sin papeis, si non @s cidadáns españois de máis de 26 anos, que non se manifesten “pobres de solemnidade” e perderán o seu dereito a asistencia sanitaria, así como @s que se ausenten do país, por máis de 6 meses. Sí, a Lei de Garantías, en lugar de garantizar unha Asistencia Pública Universal, o que fai é excluir persoas do Sistema Sanitario Público.

 

Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela realizáronse, e realizan, múltiples Charlas-Coloquio, en distintos lugares de Compostela, con gran éxito de público, para denunciar estas e outras cuestións que preocupan a xente que fai uso do Sistema Sanitario Público: temas como as Vacinas, tema da Diabetes, a Sanidade Pública en perigo, a Hepatite C, etc.

 

Todas estas iniciativas, e outras máis que fixemos, poñen en evidencia que o que di a constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, de que a Sanidade debe ser Gratuita (exclusión de medicamentos, copagos, etc), Universal (vimos a exclusión que se produce), Pública (tódolos días se están trasladando pacientes da Sanidade Pública a privada, así como as externalizacións, etc) e de Calidade (si non se substitúe persoal, se se compran productos de baixa calidade, etc) É UNHA MENTIRA. Temos que revertir a situación e afirmar, co eslogan de SOS Compostela que “ A SANIDADE PÚBLICA ESTÁ EN PERIGO”. E falar da Sanidade Real, que é a que viven @s doentes día a día, e non a que nos conta a consellería de sanidade.

 

Ánimo e adiante.

Santiago, 8 de febreiro do 2016

 

Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela: Xosé Mª Dios Diz Tf: 696750892. jmdidi@gmail>,com

Páxina web: http://www.sos-sanidadepublica.org/compostela/

Facebook:https://www.facebook.com/jmdidi27/

Twitter: SOS Compostela (https://mobile.twitter.com/search?q=SOS+Compostela&s=typd).